Chegamos a Angola, terra de mangleirais Capitáns. Así que ollo que aquí a terra ten arume de salitre nun ecosistema de transición que fai que este mar sexa dunha riqueza biolóxica coma poucos. Ollo non enredar as redes nas raiceiras cando subamos os seguintes contidos:
- A autorregulación do ecosistema:
- Crecemento das poboacións. A explotación sostible de poboacións naturais.
- As sucesións ecolóxicas: primarias e secundarias.
- As perturbacións no ecosistema. Os incendios forestais.
Cando remates a xornada comproba que a pesca foi produtiva e fai o Cuestionario de control.
As redes do coñecemento
Ollo cos piratas capitáns!!É mellor deixar o noso barco pescar nesta unidade cos botes tradicionais de Angola. Ademais así, poderemos entrar nos mangleirais e, ao compás das mareas, introducírmonos nos seus ecosistemas, nas súa poboacións e nas súas comunidades. Boa pesca!
Recollamos esta rede para que nos queden claros os contidos.
- Rede 1 Dimámica dos ecosistemas
- Cómpre parar o aparello tripulación!!! e parar para ver este vídeo que nos afecta de vez, e que pon en valor algúns dos proxectos que nós levamos adiante ! Na seguinte liña recolleremos o vídeo e anotaremos todas as ideas principais que nos transmite: falemos da SOBREEXPLOTACIÓN DOS RECURSOS PESQUEIROS, entendendo cómo afecta ao equilibrio do ecosistema.
- Analizamos agora con esta liña o sector da pesca en España, isto interésanos moitísimo!!!!!
Prepararemos unha saída á confraría de mariñeiros da nosa vila, e coñeceremos de primeira man a súa experiencia.
Xa somos todos uns expertos no sector da pesca. Agora , por grupos faremos un traballo no que queden claros os problemas do sector pesqueiro, e propoñades solucións para unha xestión sostible. Colgarémolos no blog e expoñeremos as ideas principais ante os nosos compañeiros.
Xa somos todos uns expertos no sector da pesca. Agora , por grupos faremos un traballo no que queden claros os problemas do sector pesqueiro, e propoñades solucións para unha xestión sostible. Colgarémolos no blog e expoñeremos as ideas principais ante os nosos compañeiros.
- Vistes algunha vez unha ardentía? Uns mariñeiros coma vós, seguro que si!! Máis se alguén aínda non sabe o que son... é unha luminiscencia que o plancton crea no mar, producindo unha sorte de lumes de cores por riba das ondas. Os vellos mariñeiros dicían que viran arder o mar... máis hoxe imos falar dun lume moito máis triste... O lume da terra, ese que cada ano asolaga os nosos montes con consecuencias dramáticas para o o noso país. Presta atención ao seguinte vídeo, e apunta as ideas principais.
Debate sobre a realidade dos incendios forestas. Causas, análise das consecuencias, e a súa prevención. Estudaremos tamén a dinámica do ecosistema despois dun incendio. Ao rematar elaboramos unha acta coas conclusións e subímolo ao blog.
O caderno de bitácora
Como vai a pesca capitáns, e as mans, que estas redes tiran máis que o palangre. Como o caderno de bitácora quedou no barco largamos a rede e recollemos as actividades que veñan.
Atención á diversidade: reforzo ampliacion
Avante Toda!
Moi ben capitáns, non hai arte que poida con vós. Revisade ben o que subides a bordo que xa sabedes que os barcos son un transmisor de plagas e despois do aprendido nesta imaxe, xa sabemos como combatelas. Coma sempre aquí quedan unhas redes para traballar na travesía que temos por diante. Esa que nos fará cambiar de mar e que nos levará ao mar índico de madagascar! Capìtáns, proa ás Sheychelles e avante toda!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.