Quen dixo medo capitáns!!! Que xa entrou a popa no mar onde o Atlántico e Pacífico deixan de ser dous oceános! No mar no que fitamos os ollos ao ecosistema da mesma Antártida!! Dende as Quer ao Mar de Ross! Tino na ponte de mando cos icebergs, que temos que subir a bordo os seguintes contidos:
- O ecosistema. Composición e estrutura.
- Tipos de ecosistemas. Acuáticos e terrestres. Os biomas.
- Comunidade e biotopo
- Relacións no ecosistema:
- Relacións dos seres vivos co ambiente.
- Factores limitantes e adaptación
- Ecosistemas terrestres
- Ecosistemas acuáticos
- Relacións entre os seres vivos: intraespecíficas e interespecíficas
Así que..! Sal na cuberta que o xeo esvara!! Gozade das paisaxes e do ecosistema, ollo co talle do bacallau, e... quen dixo frío?!
CAPTURAS dos contidos da Unidade. CONCÉNTRATE e terás unha boa pesca!!!!!
Cando remates a xornada comproba que a pesca foi produtiva e fai o Cuestionario de control.
As redes do coñecemento.
Imos encebar o palangre... En cada liña aclararemos os contidos que hai neste mar. Encebade ben o anzol que sen bo cebo non hai boa pesca! Todos xuntos!
- Liña 1 Ecosistemas e factores ambientais
- Liña 2 Factores bióticos
- Liña 3 Tipos de ecosistemas
- Liña 4 Biomas terrestres
Ollaaaaadeee capitáááááns !!!! Un grupo de orcas ás tres e cuartooooo!!!
Fondeando as nasas
- Temos a bordo un par de vídeos a través dos que traballaremos a adaptación dos seres vivos. Como cómpre que tamén nós nos adaptemos ao medio; qué vos parece se os vemos nos camarotes, tomamos notas e facemos despois un remuiño de ideas.
- Descargaremos o seguinte programa e elaboraremos un mapa conceptual que integre estrutura(compoñentes) do ecosistema e as relacións bióticas e biotopo-biocenose. Subiremos os mapas ao noso blog.
- Agora toca traballo cooperativo! Faremos un poster en grupos de catro, con texto e imaxes que describa as características bióticas e abióticas dun tipo determinado de ecosistema: marino, fluvial, bosque, deserto, selva....
- Agora imos aplicar os nosos coñecementos, aplicándoos a un importante problema ambiental : A DESERTIFIZACIÓN. Ímolo analizar con este vídeo, observando como a destrucción do hábitat tamén afecta ás especies que viven nel:
Procura na rede as causas, consecuencias e as actitudes a adoptar ante este problema!
O caderno de bitácora
Toca outra de bitácora capitáns! Nas seguintes liñas hai actividades interactivas sobre os contidos que se nos indican!! largando e recollendo que non hai mellor bacallau que o deste mar !!!
- Liña 1 Ecosistemas
- Liña 2 Biodiversidade
- Liña 3 Relacions inter e intraespecificas
- Liña 4 Factores ambientais
- Liña 5 Factores limitantes
Agora realiza na túa libreta:
- Rede 1 Cuestionario ecosistemas
- Rede 2 Cuestionario compoñentes ecosistema
- Rede 3 Cuestionario ambiente-seres vivos
- Rede 4 Cuestionario biomas
- Rede 5 Cuestionario consolidación
- Atención á diversidade: reforzo ampliación esquemas mudos fichas multilingües
Avante Toda!
Unha sorte de tripulantes, deixamos as illas Quer capitáns, e poñemos rumbo a Mauritania, que o frío curte e curtidos imos de tantos saberes que levamos. Coma sempre, namentres gozamos dun bacallou do Mar de Ross, temos aquí algunhas redes para ampliar coñecementos na singradura! Parabéns outra volta capitáns!
Unha sorte de tripulantes, deixamos as illas Quer capitáns, e poñemos rumbo a Mauritania, que o frío curte e curtidos imos de tantos saberes que levamos. Coma sempre, namentres gozamos dun bacallou do Mar de Ross, temos aquí algunhas redes para ampliar coñecementos na singradura! Parabéns outra volta capitáns!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.