A calor apreta e parece que a auga ferve. O caladoiro de Namibia fai que ás veces o mar se confunda co deserto no que morre. Alá no fondo, érguese impoñente o Brukkaros e a paisaxe semella de marte. O Brukkaros é o volcán extinto de Namibia. Imos velo, coñecelo e saber como volcáns, terremotos e maremotos, esculpiron o planeta que habitamos :
- Os movementos sísmicos
- Terremotos: tectónicos e volcánicos
- Maremotos
- O vulcanismo
- A formación de cordilleiras
- Cordilleiras pericontinentais
- Cordilleiras intercontinentais
- As deformacións das rochas: pregamentos e fracturas (diaclasas e fallas)
CAPTURAS dos contidos da Unidade. CONCÉNTRATE e terás unha boa pesca!!!!!
Cando remates a xornada comproba que a pesca foi produtiva e fai o Cuestionario de control.
Cando remates a xornada comproba que a pesca foi produtiva e fai o Cuestionario de control.
Ollo que o mar é de lava e as redes veñen quentes. Agora tócanos asimilar e aclarar a información recollida. Participamos todos nesta tarea!!!! Imos alá!
Fondeando as nasas
Fondeamos a nasa, e recollemos para sabermos a forza que pode ter natureza. Nesta -Webquest sobre pregamentos e fracturas, seguindo o proceso indicado cuxo resultado será unha presentación fotográfica de fallas e pregamentos e un pequeno informe que relacionará as causas destas deformacións coa tectónica de placas.
-Vídeos: terremotos e volcans. Analizamos e comentamos as causas. Falamos tamén das nosas experiencias personais vividas nalgunha situación semellante.
O caderno de bitácora.
Ollo capitáns que sae lava da bitácora. Imos recoller as seguintes redes para facer actividades interactivas:
Rede 1 Actividades interactivas terremotos, volcáns, fallas, diaclasas
Ollo capitáns que sae lava da bitácora. Imos recoller as seguintes redes para facer actividades interactivas:
Rede 1 Actividades interactivas terremotos, volcáns, fallas, diaclasas
Rede 2 Identificación de fallas e de
Rede 3 Identificación de pregamentos
Atención á diversidade: reforzo ampliación esquemas mudos fichas multilingüe
Rede 3 Identificación de pregamentos
Atención á diversidade: reforzo ampliación esquemas mudos fichas multilingüe
Avante Toda!
Coa forza toda dunha erupción rematamos este tema, máis aínda hai redes se queredes aprender un pouquiño máis. Recollemos e ferro a fondo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.