Benvidos capitáns ao Atlántico noroccidental. Mar bravo e misterioso onde os haxa. Este mar agocha informacións descoñecidas. E como a ciencia é iso, pasar do descoñecido ao coñecido imos adentrarnos neste caladoiro nun dos descubrimentos que máis nos teñen abraiado nos últimos tempos.
Neste caladoiro imos estudar os seguintes contidos:
- Ácidos nucleicos: ADN e ARN. Estructura e función.
- Replicación do ADN.
- Expresión da información xenética:
- Concepto de xen
- Código xenético
- Transcripción
- Traducción. O código xenético.
Cando remates a xornada comproba que a pesca foi produtiva e fai o Cuestionario de control.
As redes do coñecemento
Lanzaremos esta rede para analizar entre todos os contidos capturados nesta unidade. Non te quedes con dúbidas, largando aparellos e boa pesca!!!!
Lanzaremos esta rede para analizar entre todos os contidos capturados nesta unidade. Non te quedes con dúbidas, largando aparellos e boa pesca!!!!
Fondeando as nasas
Esta nasa nos levará a facer unha webquest sobre a estructura do ADN e ARN
Recollendo a seguinte nasa, imos atopar diferentes informacións sobre a estrutura do ADN. Recollemos qeu os remuíños do atlántico han traernos sorpresas como as destes vídeos.
Vídeo estructura e función ADN
Video replicación do ADN
Vídeo transcripción e tradución
Fagamos un remuiño de ideas para sacar en claro a funcion de cada proceso!
Lanza esta rede para facer unha pequena investigación médica.
Con esta rede iremos ao laboratorio, e seremos que de aïllar o ADN celular.
O caderno de bitácora
Toca botar man da bitácora, para recoller as seguintes redes. En cada unha delas traeredes actividades sobre xenética.
- Rede 1 Cuestionario interactivo xenética molecular
- Rede 2 Actividade interactiva sobre complementariedade de bases de ácidos nucleicos e mutacións.
- Rede 3 Actividades interactivas replicación, transcripción, traducción.
- Rede 4 Construcción ADN
- Rede 5 Cuestionario de repaso
- Atencion a diversidade: esquemas mudos reforzo ampliacion fichas multilingües
Avante Toda!
E despois do aprendido, capitáns, imos deixando o caladoiro en popa. Máis como o tema ben o merece aquí largamos dúas redes máis para ampliar coñecementos!
Agardo que a "maré" fose de proveito!!!
E despois do aprendido, capitáns, imos deixando o caladoiro en popa. Máis como o tema ben o merece aquí largamos dúas redes máis para ampliar coñecementos!
Agardo que a "maré" fose de proveito!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.