xoves, 2 de xuño de 2016

Unidade 2: Banco Canario - Sahariano

A REPRODUCCIÓN CELULAR

Chegados á costa do Sáhara, imos fondear antes de largar as redes. Neste caladoiro imos estudar os seguintes contidos:
  • Núcleo Celular.
  • Cromatina e cromosomas. Cariotipo.
  • Ciclo de vida celular.
  • División celular:
    • Mitose e citocinese. Importancia biolóxica.
    • Meiose. Importancia biolóxica.
CAPTURAS dos contidos da Unidade. CONCÉNTRATE e terás unha boa pesca!!!!!
Cando remates a xornada comproba que a pesca foi produtiva e fai o Cuestionario de control.

As redes do coñecemento

Imos largar a primeira rede.  Con este lance poderá achegar a bordo información sobre o  núcleo celular, cromosomas e ADN. Imos largar con tino e traballando en equipo. Cunha visión conxunta das imaxes e falando sobre moitas das informacións que recolleremos, virán as redes cheas!!!
  1. Unha vez que xa coñecemos as células máis polo miúdo, cómpre lembrar algúns dos contidos pescados no Gran Sol. Que lembras dos aspectos tratados?
  2. Como vexo que a pesca foi farturenta imos largar outra volta. Nesta ocasión o lance vai ser un pouquiño máis complexo. Presta atención a esta rede na que traballaremos a división celular! Boa pesca!!!
Fondeando as nasas
  • Observade este vídeo dobre o ciclo celular, fixádevos qué pasa en cada fase. Posteriormente realizade o cuestionario tipo test.

  • Ollade este vídeo sobre os tipos de reproducción celular: mitose e meiose


  • Fagamos na nosa libreta un debuxo de cada unha das fases da mitose e da meiose. Finalmente enumeraremos as diferencias entre a mitose e a meiose. Poñeremos en común o noso traballo!!!
  • Imos recoller esta nasa para ver algúns dos aspectos tratados no apartado anterior.  Reproducirémolo no laboratorio, e poderemos observar nós mesmos o proceso de mitose.

 Agora le detidamente esta Rede e faina ti.
  • Larga esta Rede para realizar en grupo unha presentación dixital sobre a mitose.
  • Con esta Rede serás quen de dar o resultado dunha amniocentese, vaia reto!

Caderno de bitácora

Outra vez Capitáns toca traballar a bitácora, prestade atención ás seguintes redes e descubriredes moitas actividades sobre algúns dos aspectos que traballamos nesta unidade.
  • Rede 1 Completa este cariotipo.
  • Rede 2 Cuestionario interactivo da mitose e meiose
  • Rede 3 Cuestionario tipo test ciclo celular
  • Rede 4 Cuestionario de consolidación
  • Rede 5 Ficha características mitose meiose
  • Rede 6 7 8 9 10 Atención á diversidade

Avante toda!
Con isto damos por rematada a nosa faena no Sahara, mar de solpores fermosos. Agardo que gozarades da maré. Vémonos na Unidade 3 e  proa ergueita para o Caladoiro da NAFO!





















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.