Benvidos capitáns ao Atlántico Noroeste!! Un mar de ondas bravas que asustaron mesmo aos nosos avós!!! Así que forza! que toca arrear o aparello na súa lembranza. Neste caladoiro imos estudar o que de eles hai en nós, imos estudar as leis da herdanza, e farémolo a través dos seguintes contidos:
- Conceptos básicos de xenética:
- Xenes, alelos, xenotipo, fenotipo.
- Herdanza e transmisión dos caracteres
- Leis de Mendel.
- Teoria cromosómica da herdanza.
- Determinación do sexo
- Herdanza ligada ao sexo.
- Doenzas hereditarias
CAPTURAS dos contidos da Unidade. CONCÉNTRATE e terás unha boa pesca!!!!!
Cando remates a xornada comproba que a pesca foi produtiva e fai o Cuestionario de control.
As redes do coñecemento
Imos cambiar de aparello que para neste caladoiro toca palangre. Encebade ben que imos estudar a xenética mendeliana. Se pinchas nas seguintes redes atoparás información abonda.
Imos aclarar os contidos entre todos coa seguinte Liña . Agora imos arrear un pouquiño máis ao fondo. Nesta Liña atoparás información sobre a teoría cromosómica da herdanza, sobre herdanza ligada ao sexo, determinación do sexo etc. Prestade atención e participade!!!
Fondeando as nasas
- Lanza esta liña para facer unha investigaciín dos grupos sanguíneos na túa familia.
- Agora faremos tres grupos de investigación e lanzaremos esta liña para facer unha webquest.
- Con esta Liña faremos unha práctica de simulación da meiose e a fecundación , conseguiremos entender á perfección a relación coa herdanza dos caracteres.
- Este lance é só para ampliar coñecementos. Aqueles que aínda teñades folgos para seguir a loitar con este mar do Noroeste podedes buscar información sobre Mendel e elaborar unha presentación en grupo. Haberá bo quiñón!!!
A ver capitáns, como vai a lide coa mar brava?! Toca apuntar na bitácora as coordenadas que a pesca foi abondosa! Así que imos poñendo proa a estribor con coidado de non enlear o aparello cos PROBLEMAS DE XENÉTICA. Moi atentos rapaces!!!!!Imos paso a paso, prestade atención ao proceso de resolución.
Nestas liñas obteredes moitos problemas resoltos:
Agora tócavos a vos!. Recollede con tino!
- Liña 3 Problemas
- Liña 4 Crucigrama interactivo conceptos básicos xenética
- Liña 5 Crucigrama interactivo doenzas hereditarias
- Liña 6 Exercicio interactivo Leis de Mendel
- Liña 7 8 9 10 Cuestionarios Conceptos de xenética, Cromosomas e xenes, Leis de Mendel, Xenetica humana
- Atención á diversidade: esquemas mudos reforzo ampliacion fichas multilingüe
Avante Toda!
Parabéns capitáns, pola actitude amosada no mar bravo!!! Levamos para porto unha chea de saberes que quedarán en nós coma o salitre na pel!!! Con esta tripulación non hai ondas que poidan con nós! Avante toda cara a un dos nosos caladoiros favoritos! Ese que os nosos avós pronunciaban como Capetón (Cabe Town) . Toca singradura longa, así que os que queirades aínda podedes entretervos na viaxe con estas redes para ampliar coñecementos!
Parabéns capitáns, pola actitude amosada no mar bravo!!! Levamos para porto unha chea de saberes que quedarán en nós coma o salitre na pel!!! Con esta tripulación non hai ondas que poidan con nós! Avante toda cara a un dos nosos caladoiros favoritos! Ese que os nosos avós pronunciaban como Capetón (Cabe Town) . Toca singradura longa, así que os que queirades aínda podedes entretervos na viaxe con estas redes para ampliar coñecementos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.