Recollemos aparellos, porque neste caladoiro falamos da casa, a terra que deixamos atras na nosa singradura pero que levamos sempre con nós. Hoxe volvemos a ela a través do satélite e imos estudar os seguintes contidos:
- Principais ecosistemas de Galicia: os bosques caducifolios, o bosque mediterráneo, as matogueiras, o ecosistema costeiro, o ecosistema mariño, o ecosistema fluvial.
- Problemas ambientais en Galicia: os incendios forestais, a contaminación da auga, a contaminación atmosférica, a pérdida de biodiversidade.
- Espazos naturais protexidos de Galicia: Parques Nacionais, Parques Naturais, Reservas da Biosfera, Rede Natura 2000.
Imos ver as CAPTURAS dos contidos da Unidade sobre o medio galego. Son as nosas, as que vivimos e as que nos fan ser como somos. Por iso, cando a tormenta amaine, e salgamos a cuberta, imos arrear coa forza que nos dá falar un anaquiño cos nosos. Facémolo a través do Cuestionario de control.
As redes do coñecemento.
Lanzamos con forza capitáns, que as redes cheguen a Fisterra para estudar:
Lanzamos con forza capitáns, que as redes cheguen a Fisterra para estudar:
Fondeando as nasas
- E agora xa de vagar, namentres fondeamos as nasas, imos falar das paisaxes e a biodiversidade de Galicia! Fagamos un remuíño de ideas, e interpretemos a variedade e singularidade das paisaxes de Galicia! Só co coñecemento seremos conscientes do seu valor, a súa importancia, e aprenderemos a respectalas.
- Imos traballar en grupos e facer un traballo e exposición, a modo de presentación Power Point sobre:
- Contaminación do litoral galego
- Contaminación fluvial e impacto das explotacións hidroeléctricas.
- Biodiversidade en Galicia e conservación.
- Visita e roteiro por unha carballeira próxima e observación das especies máis representativas.
Con estes vídeos imos analizar a situación actual da ría de Pontevedra, e imos debater os pros e os contras do permanencia de Ence-Elnosa na ría
Avante Toda!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.