luns, 6 de xuño de 2016

Unidade 6: Mar de Irmingen

A EVOLUCIÓN DOS SERES VIVOS

Tripulación!!! Trala faena en Sudáfrica e a singradura até Irminguen, evolucionamos case sen decatarnos!!! E aquel palangreiro valente que se enfrontou á galerna  tornou no pedazo arrastreiro co que pescaremos  neste mar! Que como aconteceu? Se foi unha evolución froito da loita e da experiencia ou foi cousa dos cambios na sala de máquinas é algo que resolveremos nesta unidade a través dos seguintes contidos:

  • A orixe da vida. Principais hipóteses:
    • Teoría da xeración espontánea
    • Teoría da orixe química
  • A evolución biolóxica. Principais teorías:
    • Fixismo e catastrofismo. 
    • Lamarckismo.
    • Darwinismo
    • Neodarwinismo
    • Outras teorías: saltacionismo e neutralismo.  
  • Probas da evolución
  • Mecanismos de evolución   
  • As árbores filoxenéticas no proceso de evolución
  • A evolución humana 
CAPTURAS dos contidos da Unidade. CONCÉNTRATE e terás unha boa pesca!!!!!
Cando remates a xornada comproba que a pesca foi produtiva e fai o Cuestionario de control.

As redes do coñecemento

Tino capitáns co arrastre que xa se sabe o mal que foi coa vida nos océanos! E nestas redes toca recoller eses contidos! Participemos todos!!!!
Rede 1. Orixe da vida
Rede 2. A evolución biolóxica
Rede 3 Evolución humana
Rede 4 Biodiversidade







Fondeando as nasas
  • Formaremos 4 grupos de traballo.Cada grupo recollerá unha das anteriores redes e elaborará unha presentación en power point, con imaxes, vídeos e o que considere. Na presentación deben recollerse as informacións máis relevantes das atopadas nestas redes. Tede en conta que debedes pensar que se trata de información para expoñer e que os vosos compañeiros/as a entendan! Boa pesca!
  • Como vai a pesca capitáns!. Agora toca ver algúns vídeos e tomar notas.  Imos, que non hai ondas que poidan con nós!!!

Vídeo sobre a orixe da vida



Vídeo sobre evolución biolóxica

  • Vemos o seguinte video sobre a evolución humana e apuntaremos as ideas principais.


Despois de ver o vídeos reflexionaremos sobre os contidos. Podemos empregar internet para contrastar as informacións e ver as diferentes perspectivas que existen! 
Elaboraremos un debate na aula. Lembrade, coma sempre, que as nosas intervencións deben estar argumentadas e ser respectuosas!
  • Co lance desta rede faremos unha webquest sobre a evolución humana na que nos convertiremos en paleontólogos por un día.
  • Cal é o resultado da evolución biolóxica? Pois a diversidade actual de especies. Vexamos este vídeo:
.



E agora falemos con coñecemento de causa : QUÉ ESTÁ PASANDO COA BIODIVERSIDADE DO NOSO PLANETA?

QUÉ CHE DI ESTA FOTOGRAFÍA??????


Fagamos unha chuvia de ideas, e analicemos a situación. Estamos todos implicados!!!





O caderno de bitácora

Recolleremos no caderno de bitácora o aprendido nas exposicións, debates e reflexións que elaboraremos neste Mar. Para poñer en práctica todos os saberes adquiridos imos recoller a seguite rede, na que subiremos a bordo actividades interactivas sobre evolución e orixe da vida.

E agora traballaremos no caderno de clase:

Avante Toda!

Unha vez máis amosamos capitáns, que a nosa é unha tripulación ben evolucionada!!  Parabéns pola maré neste mar. Coma sempre aquí quedan unhas redes para a travesía que nos queda até as Illas Quer! O que queira ampliar coñecementos, aquí lle quedan. Polo demais, penso que aínda que a evolución a arrastreiro estivo ben, sómosche nós máis de palangreiro, que a biodiversidade cómpre respectala con pesca responsábel! Así entón, encebando o palangre, proa ergueita, e avante toda ás Illas Quer!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.