mércores, 1 de xuño de 2016

Unidade 1: Gran Sol

A CÉLULA

Benvidos capitáns a esta singradura que iniciamos no Gran Sol. O mar dos mares para xeracións enteiras de mariñeiros de altura. Toca capear temporais e amurar as ondas para poder arrincar de tanta bravura os coñecementos que acadaremos neste caladoiro. Aquí empeza o nosa marea, esa que durará todo o curso e que nos levará a adentrarnos na Bioloxía e Xeoloxía de 4º da ESO por todos os mares do mundo.
De maneira que,.. Tripulación á cuberta!  alá imos para arrincar  deste caladoiro os seguintes contidos:
  • A teoría celular.
  • Os niveis de organización da materia.
  • Os microscopios óptico e electrónico.
  • A organización celular
    • Célula procariota
    • Célula eucariota animal e vexetal. 
    • Relacións evolutivas.
  • A diversidade celular: relación entre forma e función .


CAPTURAS dos contidos da Unidade. CONCÉNTRATE e terás unha boa pesca!!!!!
Cando remates a xornada comproba que a pesca foi produtiva e fai o Cuestionario de control.

 As redes do coñecemento

Imos empezar o estudo da célula largando a seguinte rede. Entre todos aclararemos conceptos e solucionaremos as nosas dúbidas. Participa!!! 

Fondeando as nasas
  • Rede 1  Largando esta rede poderás atopar unha webquest sobre a célula. Comproba canto aprendeches..!
  • Rede 2 Toca traballo cooperativo: imos descubrir a diversidade celular.
  • Agora imos achegarnos ao laboratorio, dende aquí imos ver ás células ao microscopio. Trátase dunha tarefa para a que cómpre ser coidadosos. Imos ver os seguintes vídeos. Nos que repasarás o uso de microscopio óptico e verás o proceso para observación de células da mucosa bucal. Procurade prestar atencíón porque despois seremos nós os que teñamos que facelo. 
Presta agora atención a este vídeo do procedemento para abservar bacterias de iogurt.












Xa ollastes como os vosos compañeiros doutros centros traballaban ás células no microscopio.!! Que grande axuda podermos ver os vídeos que eles fixeron. E se agora somos nós os que contribuímos a facer un traballo para ensinar? Imos gravar o noso proceso para ver células eucariotas e procariotas..! Mais xa sabedes... debemos explicar todos os pasos e sinalar toda a información que poidamos no vídeo... quen sabe se a outros mariñeiros lles dá por velo!!!

Rede Larga esta rede para ter moi claras as normas do laboratorio, e os pasos a seguir para realizar estas dúas pácticas.


O caderno de bitácora

Moi ben capitáns, agora toca traballarmos a bitácora, xa sabedes... o ben feito, ben parece! Aquí van as redes nas que atoparedes actividades moi diversas sobre o tema que estamos a traballar. Boa pesca..!!!
  • Rede 1 2  Largando estas redes realizaremos cuestionarios interactivos de tódolos contidos da unidade.  
  • Rede 2 4 Nestoutras xogarás a  identificar os orgánulos da célula animal e vexetal correspondentes..
  • Rede 5 6 7 8 Faremos exercicios tipo test: célula procariota, eucariota, teoria endosimbiótica.
  • Rede 9 Consolida o que aprendeches con este cuestionario, no caderno ou en word para subir ao portfolio.
  • Rede 10 11 12 Atención  á diversidade! Para reforzar e ampliar, e fichas multilingües. 
Agardo que teñamos bo quiñón!

Avante Toda!   

Nas seguintes redes atoparás recursos e ferramentas que che axudarán a ampliar o teu coñecemento sobre a célula !
Agardo que a "maré" fose de proveito!!! Ata aquí chegou a nosa travesía no Gran Sol. Xa sabedes da importancia dunha pesca responsable e sostible. De xeito que...avante toda ao banco canario-sahariano!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.