venres, 10 de xuño de 2016

Unidade 10: Caladoiro das Sheychelles

O SER HUMAN E A BIOSFERA


Deixamos no ronsel Madagascar capitáns! E xa ollamos as Sheychelles ao norte. O Índico agarda por nós cun tempo lento, coma o paso das tartarugas xigantes desta illa. Vaiamos a modo e respectemos á
Dipsochelys hololissa,  unhas das especies máis ameazadas mundo. Coma sempre unha das principais causas é a actividade humana.

Non nos resignemos, os capitáns deste barco cremos nun mundo medio ambiente, e por iso neste caladoiro imos estudar os seguintes contidos:
  • A actividade humana e o medio ambiente:
    • Evolución histórica do impacto ambiental.
    • Causas da degradación ambiental.
    • Recursos naturais renovables e non renovables.
  • Os impactos sobre a hidrosfera:
    • Sobreexplotación
    • Contaminación
  • Os impactos sobre a atmosfera
    • O cambio climático, a destrucción da capa de ozono, a chuvia ácida, a contaminación nos núcleos urbáns:o smog reductor e fotoquímico.
  • Os impactos sobre o solo.
    •  Desertización e desertificación.
  • O impacto sobre a biodiversidade
    • Degradación de hábitats
    • Sobreexplotación
  • O problema dos residuos e a súa xestión.
  • O desenvolvemento sostible.
    • Enerxías renovables.
A CAPTURAS dos contidos da Unidade. Lembra que o respecto é fundamental, e capturando coñecemento, gañamos un planeta mellor para todas e todos.
Cando remates a xornada comproba que a pesca foi produtiva e fai o Cuestionario de control.


As redes do coñecemento.

Ollo ás redes Capitáns, o Índico precisa de mozas e mozos concienciados cun mundo limpo e sostíble. Largamos aparello, a rede voa sobre as ondas, e recollemos sostibilidade, enerxía limpa, biodiversidade e respecto. Con este quiñón, non hai quen nos pare!

Rede 1  Recursos naturais e desenvolvemento sostible
Rede 2  Recursos enerxeticos
Rede 3  Impactos ambientais
Rede 4 Biodiversidade
Rede 5 O coidado do medio ambiente


Fondeando as nasas

Capitáns, a babor, ás 8 en punto temos o pico de Mahé, É o punto máis alto da illa principal, e o bosque tropical que o recobre está protexido. E nós protexemos o noso medio capitán :como xestionamos os nosos resíduos? Imos fondear, que cada un de nós debemos levar para as nosas casas o que recollamos nas nasas deste caladoiro.
  • Analizamos agora a problemática dos residuos e a súa xestión.


Agora que xa sabedes algo máis aplicamos o tema á nosa localidade, pensamos en como se xestionan os residuos, e pensamos tamén en cómo xestionamos nós os residuos nas nosas casa. Analizamos a situación e propoñemos solucións . É imprescindible implicarnos no tema, e tamén as nosas familias!!! E recorda que o máis importante é minimizar a producción de residuos! Qué podemos facer nós????
  •  Imos a falar do catástrofe do Prestige. Vós erades moi pequenos, pero falade cos vosos familiares, e vamos a poñer en común as vosas experiencias.


Caderno de Bitacora

Hai bitácoras que deben ser parte de nós mesmos. Páxinas que conforman un xeito de vivir e de habitar este planeta. Recollamos as redes capitáns, e que o salitre do coñecemento impregne de sostibilidade a nosa pel.
Rede 1 Actividades medio ambiente 1
Rede 2 Actividades medio ambiente 2
Rede 3 Actividades biodiversidade
Rede 4 Actividades interactivas medio ambiente
Atención á diversidade: reforzo, ampliación esquemas mudos fichas multilingüe.


Analiza este gráfico: fonte de enerxía máis consumida, vantaxes e inconvenientes. Cómo reducirías o consumo doméstico de enerxía.

Agora imos medir a nosa PEGADA ECOLÓXICA. Analízaa e sinala accións que debes introducir na túa vida para un uso sustentable dos recursos. COMPROMÉTETE, o que fagamos cada un de nós é moi importante!

Avante Toda! 

Este caladoiro capitáns e dos que fan tripulación. O noso planeta precisa de persoas que crean nun mundo sostible e que actúen para el. As redes desta unidade, aportáronnos coñecemento e necesidades  deste planeta. Poñelo en práctica é cousa de todos e cada un de nós. Non perdamos máis tempo, recollemos estas redes e avante toda!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.