Despois do frío da última maré, imos quecer un pouco os nosos corpos no mar de Mauritania. Costa fermosa onde as haxa nas que a luz azul do mar semella ter continuidade nun outro mar de area.
Arreando palangre para pescar os seguintes contidos:
- Relacións tróficas no ecosistema
- Actuacións que desequilibran as redes tróficas.
- Fluxo de enerxía no ecosistema
- Eficiencia ecolóxica
- Pirámides ecolóxicas: de biomasa, de individuos e de enerxía.
- O ciclo da materia no ecosistema. Ciclos bioxeoquímicos do C, N, P, S.
Cando remates a xornada comproba que a pesca foi produtiva e fai o Cuestionario de control.
As redes do coñecemento
Na costa de Mauritania son habituais imaxes como esta ; semella que a oxidación da materia e a perda de enerxía crearan pantasmas de ferruxe que navegan no inmenso mar...
Nas seguintes redes imos estudar estas transferencias de enerxía, os ciclos bioxeoquímicos e as redes tróficas; recollendo as seguintes redes aclararemos os nosos contidos. Participade e boa pesca capitáns!
- Largando esta rede faras unha webquest para investigar e coñecer o funcionamento dos ecosistemas.
- Presta agora atención ao seguinte Vídeo que trata un dos problemas de moitos ecosistemas: O problema das plagas. Imos abordar este problema como consecuencia da desestabilización das redes tróficas por parte do home. Trataremos tamén a loita biolóxica de plagas. A partir do vídeo e da seguinte noticia elaboramos un traballo de investigación sobre as pragas forestais en Galicia que expoñemos na aula.
- Con este vídeo analizaremos como a utilización de agroquímicos afecta ás redes troficas, e falaremos de AGRICULTURA ECOLÓXICA . Diso xa sabemos moito, xa temos a nosa propia horta ecolóxica!
- Faremos grupos de catro e elaboraremos un listado das principais actividades humanas que interveñen nas diferentes etapas dun ciclo bioxeoquímico dos estudados, e as consecuencias en cada caso.
O caderno de bitácora
Avante Toda! - Menuda bitácora que nos deixa Mauritania!!! Recolleremos estas Liñas interactivas e aplicaremos os coñecementos adquiridos nesta unidade sobre relacións tróficas, fluxo de enerxía e ciclo da materia.
- Agora traballaremos na libreta de clase:
- Rede 1 Cuestionario fluxo enerxía
- Rede 2 Cuestionario ciclos bioxeoquímicos
- Rede 3 Cuestionario materia e enerxía
- Rede 4 Cuestionario de consolidación
- Atención á diversidade: reforzo ampliación esquemas mudos fichas multilingües
Deixamos Mauritania co corazón encollido capitáns! Coa certeza de que só dende a sensibilidade e o respecto pola natureza poderemos, tal e como se nos dicía nos obxectivos para o século XXI: aprender a vivir e aprender a convivir. A deste caladoiro foi unha pesca especial, un quiñón que faremos noso e que saberemos aplicar en cada un dos nosos intres, en cada un das nosas relacións co medio natural! Somos unha tripulación de futuro capitáns!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.