AS MUTACIÓNS E A MANIPULACION XENÉTICA
Ferve o astrolabio capitáns! Que estamos a chegar ao mar de "Capetón". Un mar de noso, que xunto co de "Antuerpe", forman xa parte do noso ADN . Mais cómpre demostrar que así é traendo a bordo os seguintes contidos!
Ferve o astrolabio capitáns! Que estamos a chegar ao mar de "Capetón". Un mar de noso, que xunto co de "Antuerpe", forman xa parte do noso ADN . Mais cómpre demostrar que así é traendo a bordo os seguintes contidos!
- As mutacións.Tipos: cromosómicas e xénicas.
- As mutacións e evolución.
- A biotecnoloxía e a enxeñeria xenética.
- Técnicas de enxeñería xenética.
- Aplicacións da enxeñería xenética.
- Bioética e riscos da enxeñeria xenética
Cando remates a xornada comproba que a pesca foi produtiva e fai o Cuestionario de control.
As redes do coñecemento
Ollo que se achega unha borrasca de 800 mb polo sur!! Redes a bordo! Despexamos cuberta e poñémonos a bo recaudo! Toca afondar na estrutura coa axuda dos enxeñeiros na sala de máquinas! Así que a darlle duro que mariñeiro nácese ou faise!!! E para saber iso temos hoxe tecnoloxías dabondo.
Botaremos esta rede para deixar claro o que son as mutacións, os tipos, e as súas consecuencias. Afondaremos no tema dos principais mutáxenos que poden incidir negativamente na nosa saúde, e a necesidade de evitar o seu consumo ou exposición.
Na seguinte rede atoparemos toda a información relativa á enxeñería xenética e a biotecnoloxía. Analizaremos entre todos as técnicas, as aplicacións, e os seus riscos.
Fondeando as nasas
- Ollemos os seguintes vídeos, sorprenderémosnos de cómo a modificación dunha cousa tan pequena como unha molécula de ADN, pode ter efectos tan sorprendentes.
Qué tal se facemos un "remuíño de ideas"? Falemos e analicemos o que acabamos de ver.
- Quen mellor que un mariñeiros sabe a relación entre os alimentos e o risco? Reparamos na seguinte rede ! Pero ollade tamén estoutra rede ! En grupos elaboraremos un cadro no que expresemos a relación riscos - beneficios dos alimentos tranxénicos. Agora toca debater; lembra que o debate debe ser respectuoso; e que todos e cada un dos nosos comentarios deben estar argumentados.
O caderno de bitácora
Apuntamos na bitácora capitáns!!! que na seguinte maré estaremos mellorados para lidar coas galernas. Vaiamos pois largando estas redes nas que atoparemos exercicios sobre enxeñería xenética.
Acadaremos o control dos contidos sobre mutacións coas actividades destas rede 1 2.
Ánimo que este tema interésanos de verdade!!!!!
Atentos á diversidade: agora toca reforzar e ampliar. Completa tamén estes esquemas mudos
Ánimo que este tema interésanos de verdade!!!!!
Atentos á diversidade: agora toca reforzar e ampliar. Completa tamén estes esquemas mudos
Avante Toda!
Isto é unha tripulación capitáns!! O quiñón é deses dos que darán que falar!! Para os que queirades , aínda hai unhas redes por recoller. Moita forza!! Deixamos este mar noso e poñemos proa a mar de Irmingen (Irminger) Alá imos!!!! Avante toda...!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.