domingo, 12 de xuño de 2016

Unidade 12: Banco Pesqueiro Oriental

A TECTÓNICA DE PLACAS

Chegamos a Oriente capitáns, poñemos proa á península arábiga onde a terra navega no mar. Ese é o noso mundo capitáns, un gran barco que navega paseniño polos oceános. Neste caladoiro acadaremos os seguintes contidos:

  • Estrutura e composición da Terra
    • Modelo xeodinámico
    • Modelo xeoquímico
  • A tectónica de placas:
    • Teoría da deriva continental
    • Expansión do fondo oceánico
    • Dinámica do manto
    • As placas litosféricas
    • Límites de placas: diverxentes, converxentes e neutros.
  • O ciclo de Wilson
Imos analizar as nosas CAPTURAS dos contidos da Unidade. CONCÉNTRATE e terás unha boa pesca!!!!!
Cando remates a xornada comproba que a pesca foi produtiva e fai o Cuestionario de control.

As redes do coñecemento

Con estas redes imos ordenar e aclarar os contidos da unidade. Largamos con forza que o vento do deserto fai voar a rede!!!
  • Rede 1  Zonación do interior terrestre
  • Rede 2  Teoria da isostasia  e deriva continental
  • Rede 3  Expansión do fondo oceánico
  • Rede 4  Correntes de convección do manto
  • Rede 5  Tectónica de placas
  • Rede 6  Límites de placas





 
Fondeando as nasas

Fondeamos capitáns, e recollemos na nasa o seguinte vídeo que nos vai ensinar o movemento das placas terrestres. Ollámolo, analizámolo e comentámolo.


  • Largando esta rede realizaremos unha Webquest sobre tectónica de placas cos recursos que se indican, e traballaremos por grupos os contidos do tema. Ao rematar o traballo expoñeremos as ideas principais e as compartiremos cos nosos compañeiros.

O caderno de bitácora

Xa vai tendo xeito a bitácora capitán, moi ben capitáns, agora toca recoller a seguinte para traballar de xeito interactivo. Ferro a fondo capitáns!
Rede
Atención á diversidade: reforzo ampliación esquemas mudos fichas multilingüe.


Avante Toda! 

No fondo todos somos capitáns. Se algo aprendemos neste caladoiro é que a nosa terra ten balances e navega coma nos polos mares do mundo. Recollamos as seguintes redes namentres escoitamos a canción que asubiamos neste mar.
Agardo que a "maré"fose de proveito!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.