Benvidas/os ao noso blog para a materia de Bioloxía e Xeoloxía. Dende aquí terás acceso a toda á información que precises para a materia. Navegando por este blog, atoparás contidos, artigos, exercicios, actividades de reforzo e un longo etcétera, que farán desta ferramenta, un lugar común para o desenvolvemento da nosa programación.
Presentámoscha a xeito de singradura, ao xeito dos nosos mariñeiros da vila, na que iremos traballando arreo para acadar o noso quiñón: unha aprendizaxe divertida e significativa.
Este blog está pensado para que sexamos unha tripulación unida e disposta a poñer rumbo a horizontes interesantísimos... temos todo o que precisamos para chegar o bo porto, mais a nosa debe ser unha travesía baseada na cooperación, na solidariedade e na empatía. Unha singradura fermosa a través de tantos e tantos mares que estou certa, achegarán fartura de saberes ! De xeito que... sede todas e todos benvidos/as, moita forza e... AVANTE TODA!!!!!
"Señor -dixen ao capitán -agradézolle moito que puxera esta biblioteca ao meu dispor. Hai aquí tesouros da ciencia que aproibetarei (...) En torno ao piilón, en elegantes vitrinas fixadas en armaduras de cobre, atopábanse, convenientemente clasificados e etiquetados, os máis preciosos produtos do mar que puidese nunca contemplar un naturalista. Comprenderase a miña alegría de profesor. A división dos zoófitos ofrecía moi curiosos especímenes dos seus dous grupos de pólipos e de equinodermos. No primeiro grupo, había tubíporas; gorgonias dispostas en abanico; esponxas suaves de Siria; ¡sinos das Molucas; pennátulas; unha virgularia admirable dos mares de Noruega; ombelularias variadas; os alcionarios; toda unha serie desas madréporas (...) adorables fiabelinas; as oculinas da illa Borbón; o «carro de Neptuno» das Antillas; soberbias variedades de corais... -Véxoo moi interesado polas miñas cunchas, señor profesor, e compréndoo, posto que é vostede naturalista. Pero para min teñen ademais un encanto especial, posto que as collín todas coas miñas propias mans, sen que un só mar do globo escape á miña procura"
Vinte mil leguas de viaxe submarino. Julio Verne, 1870.
|
|
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.