E chegamos a Senegal capitáns, aquí remata a nosa singradura, pero antes imos coñecer estoutra illa de Africa! Un lugar privilixiado para estudar as orixes do noso planeta e da vida.
Neste caladoiro imos estudar os seguintes contidos:
- Orixe e historia da Terra:
- O Precámbrico
- O Paleozoico
- O Mesozoico. A era dos reptiles
- O Cenozoico. A era dos mamíferos
- Os fósiles. Proceso de fosilización. Fósiles guía.
- O cálculo do tempo en xeoloxía. Métodos de datación:
- Datación absoluta: reloxos biolóxicos, estratigráficos e radiactivos.
- Datación relativa. Principios.
- Interpretación básica de cortes e mapas xeolóxicos.
CAPTURAS dos contidos da Unidade. CONCÉNTRATE e terás unha boa pesca!!!!!
Cando remates a xornada comproba que a pesca foi produtiva e fai o Cuestionario de control.
Cando remates a xornada comproba que a pesca foi produtiva e fai o Cuestionario de control.
As redes do coñecemento
Imos recoller as seguintes redes, con tino capitáns, porque nelas imos atopar as orixes e a evolución deste planeta que habitamos.
Rede 5 Estratigrafía e o tempo xeolóxico
Rede 6 Fósiles e proceso de fosilización
Fondeando as nasas
- Vídeos Precámbrico, Paleozoico, Mesozoico, Cenozoico. Apuntaremos os principais acontecementos xeolóxicos e biolóxicos de cada etapa.
Agora profundizaremos na interpretación dos mapas, que nos levarán a entender a historia que se agocha baixo os nosos pés. Cómpre que prestes atención dende o principio, non te perdas, porque chegaremos a bo porto!!
Rede 1 Entender un mapa topográfico
Rede 2 Entender un mapa xeolóxico
Rede 3 Interpretación de cortes xeolóxicos
Rede 2 Entender un mapa xeolóxico
Rede 3 Interpretación de cortes xeolóxicos
O caderno de bitácora
E con isto capitáns, escribimos a ultima páxina da nosa bitácora. Unha páxina que nos axudará a entender o que é o noso planeta. Non perdamos máis tempo e a bordo cos coñecementos das seguintes redes.
- Rede 1 Actividades historia da Terra
- Rede 2 Actividades tempos xeolóxicos
- Rede 3 4 5 6 7 8 9 10 Cortes xeolóxicos
- Rede 11 Interpretación corte
- Recortables regla das v Eleximos un e facemos a montaxe
- Rede 12 Mapas xeolóxicos
- Atención á diversidade: reforzo ampliación esquemas mudos fichas multilingë
Senegal despídese de nós, pero con nós levamos un anaquiño desta terra de Africa, que navega coma nós. Dende aquí aprendemos a historia da Terra, unha historia da que podedes aprender máis nas seguintes redes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.