xoves, 30 de xuño de 2016

Navegando a ultramar é...

Benvidas/os ao noso blog para a materia de Bioloxía e Xeoloxía. Dende aquí terás acceso a toda á información que precises para a materia. Navegando por este blog, atoparás contidos, artigos, exercicios, actividades de reforzo e un longo etcétera, que farán desta ferramenta, un  lugar común para o desenvolvemento da nosa programación. 
Presentámoscha a xeito de singradura, ao xeito dos nosos mariñeiros da vila, na que iremos traballando arreo para acadar o noso quiñón: unha aprendizaxe divertida e significativa.
Este blog está pensado para que sexamos unha tripulación unida e disposta a poñer rumbo a horizontes interesantísimos... temos todo o que precisamos para chegar o bo porto, mais a nosa debe ser unha travesía baseada na cooperación, na solidariedade e na empatía.  Unha singradura  fermosa a través de tantos e tantos mares que estou certa, achegarán fartura de saberes ! De xeito que... sede todas e todos benvidos/as, moita forza e... AVANTE TODA!!!!!




"Señor -dixen ao capitán -agradézolle moito que puxera esta biblioteca ao meu dispor. Hai aquí tesouros da ciencia que aproibetarei (...)
En torno ao piilón, en elegantes vitrinas fixadas en armaduras de cobre, atopábanse, convenientemente clasificados e etiquetados, os máis preciosos produtos do mar que puidese nunca contemplar un naturalista. Comprenderase a miña alegría de profesor. A división dos zoófitos ofrecía moi curiosos especímenes dos seus dous grupos de pólipos e de equinodermos. No primeiro grupo, había tubíporas; gorgonias dispostas en abanico; esponxas suaves de Siria; ¡sinos das Molucas; pennátulas; unha virgularia admirable dos mares de Noruega; ombelularias variadas; os alcionarios; toda unha serie desas madréporas (...) adorables fiabelinas; as oculinas da illa Borbón; o «carro de Neptuno» das Antillas; soberbias variedades de corais...
-Véxoo moi interesado polas miñas cunchas, señor profesor, e compréndoo, posto que é vostede naturalista. Pero para min teñen ademais un encanto especial, posto que as collín todas coas miñas propias mans, sen que un só mar do globo escape á miña procura"

Vinte mil leguas de viaxe submarino. Julio Verne, 1870.




mércores, 29 de xuño de 2016

Na lonxa

Capturas

UNIDADE 1
A célula 1
A célula 2
Célula eucariota
Orgánulos
Célula procariota
Cloroplastos
Funcións celulares
Membrana plasmática
Mitocondrias
Movementos celulares
Orgánulos ce. vexetal
Orgánulos 2
teoria endosimbiótica

UNIDADE 2
Núcleo e reproducción celular
Reproducción seres vivos
Ciclo celular
nucleo
Meiose
Celula e reproducción celular


UNIDADE 3
Genética mendeliana
Diccionario genética
Hemofilia
Herencia dominante
Herencia intermedia
Herencia ligada ao sexo
Mendel
Herencia ligada ao sexo 2
herdanza e xenetica

UNIDADE 4
Xenética molecular
Estructura ADN
Código xenético
Xenes fenotipo
Información xenética
Traducción
Traducción 2

UNIDADE 5
Mutacións
Enxeñería xenética
Enxeñería xenética 2
Mutacións e evolución
Importancia ADN
Xenoma human

UNIDADE 6
Orixe da vida
Adaptación. Especiación
Evolución humana
Evolución mamíferos
Mutacións e evolución
Orixe da vida 2
Probas da evolución

UNIDADE 7
Seres vivos e medio
Tipos de ecosistemas
Climas
Ecosistemas terrestres
Ecosistemas mariños
Ecosistemas
Factores ambientais

UNIDADE 8
Fluxo de materia e enerxía
Redes troficas 
Producción no ecosistema
dinamica ecosistema

UNIDADE 9
Dinámica ecosistema 1
Dinámica ecosistema 2
Ecoloxía poboacións
Sucesións
Sucesións 2
Sucesións 3
Formación do solo
Impactos solos
Tipos solos
Uso sostible solo
Causas incendios
Prevención de incendios

UNIDADE 10
Ser human e biosfera 1
Ser human e biosfera 2
Alteración humana dos ecosistemas
Ecosistema urban
Medidas de protección medioambiental
Protección medio ambiente
Modificaciones antrópicas medio ambiente
Xestión de residuos

UNIDADE 11
Ecosistemas galegos e problemática ambiental
Espazos protexidos Galicia
Espazos protexidos 2
Bosques de Galicia
A vida nos rios galegos
Problemas ambientais Galicia
Galicia sustentable
Rede Natura 2000
Paisaxes de Galicia

UNIDADE 12
Tectónica de placas
Capas Terra
Ciclo rochas
Ciclo Wilson
Convección manto
Estrurura Terra
Expansión fondo oceánico
Límites converxentes
Límites diverxentes
Límites transformantes
Probas deriva continental
Animacións xeoloxía

UNIDADE 13
Manifestacións enerxia interna
Distribucións de seismos e volcans
Falla horizontal
Falla inversa
Falla mixta
Falla normal
Falla transformante
Formación de montañas
Terremotos
Volcans

UNIDADE 14
Modelado relevo
Procesos xeolóxicos
Animacións xeoloxía
Ciclo rochas
Dinámica atmosférica
Enerxía Terra
modelado glaciar
Modelado granítico
Modelado relevo
Perfil río


UNIDADE 15
Orixe e evolución da Terra
Fósiles
Historia Terra
Cenozoico
Mesozoico
Interpretación cortes geológicos
Edad Terra
Escala xeolóxica
Escala xeolóxica 2
Fanerozoico
Historia Terra
Fósiles por época
Mapas xeolóxicos
Mapas topográficos
Perfil topográfico
Tempos xeolóxicos

















mércores, 15 de xuño de 2016

Unidade 15: Banco Senegalés

HISTORIA DA TERRA

E chegamos a Senegal capitáns, aquí remata a nosa singradura, pero antes imos coñecer estoutra illa de Africa! Un lugar privilixiado para estudar as orixes do noso planeta e da vida.

Neste caladoiro imos estudar os seguintes contidos:
  • Orixe e historia da Terra:
    • O Precámbrico
    • O Paleozoico
    • O Mesozoico. A era dos reptiles
    • O Cenozoico. A era dos mamíferos
  • Os fósiles. Proceso de fosilización. Fósiles guía.
  • O cálculo do tempo en xeoloxía. Métodos de datación:
    • Datación absoluta: reloxos biolóxicos, estratigráficos e radiactivos.
    • Datación relativa. Principios.
    • Interpretación básica de cortes e mapas xeolóxicos.
CAPTURAS dos contidos da Unidade. CONCÉNTRATE e terás unha boa pesca!!!!!
Cando remates a xornada comproba que a pesca foi produtiva e fai o Cuestionario de control.

As redes do coñecemento


Imos recoller as seguintes redes, con tino capitáns, porque nelas imos atopar as orixes e a evolución deste planeta que habitamos.


Rede 1 Precámbrico
Rede 2 Paleozoico
Rede 3 Mesozoico
Rede 4 Cenozoico
Rede 5 Estratigrafía e o tempo xeolóxico
Rede 6 Fósiles e proceso de fosilización




Fondeando as nasas

Recollemos o aprendido no apartado anterior para ver os vídeos que temos fondeados nas seguintes nasas.
  • Vídeos Precámbrico, Paleozoico, Mesozoico, Cenozoico. Apuntaremos os principais acontecementos xeolóxicos e biolóxicos de cada etapa.





       
Agora profundizaremos na interpretación dos mapas, que nos levarán a entender a historia que se agocha baixo os nosos pés. Cómpre que prestes atención dende o principio, non te perdas, porque chegaremos a bo porto!!
Rede 1  Entender un mapa topográfico
Rede 2  Entender un mapa xeolóxico
Rede 3 Interpretación de cortes xeolóxicos


O caderno de bitácora

E con isto capitáns, escribimos a ultima páxina da nosa bitácora. Unha páxina que nos axudará a entender o que é o noso planeta. Non perdamos máis tempo e a bordo cos coñecementos das seguintes redes.
  • Rede 1 Actividades historia da Terra
  • Rede 2 Actividades tempos xeolóxicos
  • Rede 3 4 5 6 7 8 9 10 Cortes xeolóxicos
  • Rede 11 Interpretación corte
  • Recortables regla das v Eleximos un e facemos a montaxe
  • Rede 12 Mapas xeolóxicos
  • Atención á diversidade: reforzo ampliación esquemas mudos fichas multilingë
Avante Toda! 

Senegal despídese de nós, pero con nós levamos un anaquiño desta terra de Africa, que navega coma nós. Dende aquí aprendemos a historia da Terra, unha historia da que podedes aprender máis nas seguintes redes!
Moi bo traballo capitáns! Agardo que a "maré"fose de proveito!!!






martes, 14 de xuño de 2016

Unidade 14: Banco Pesqueiro de Islandia

O MODELADO DO RELEVO

Ollade capitáns, chegamos a Islandia! Ollade cara ao horizonte porque o espectáculo non ten perda. É unha aurora boreal! 
Prestade atención a cada unha das cores coas que nos agasalla a meteoroloxía de ISLANDIA, porque neste caladoiro imos estudar os relevos que a natureza fai na terra.Todos e cada un dos procesos que podemos ver agora.
  • Os procesos xeolóxicos externos.
    • Meteorización (química, física), erosión, transporte, sedimentación.
  • Axentes xeolóxicos:
    • Pasivos: atmosféricos(temperatura, humidade, osíxeno)
    • Activos: auga, seres vivos, vento.
  • O modelado glaciar.
  • O modelado das zonas áridas.
  • O modelado cárstico.
  • O modelado litoral
CAPTURAS dos contidos da Unidade. CONCÉNTRATE e terás unha boa pesca!!!!!
Cando remates a xornada comproba que a pesca foi produtiva e fai o Cuestionario de control.


As redes do coñecemento

Con estas redes recolleremos todos a unha os contidos da unidade!!! Veña, que a partir de agora vas a saber entender as paisaxes!!
  • Rede1  Modelado do relevo. Meteorización
  • Rede 2  Modelado glaciar e periglaciar
  • Rede 3  Modelado das augas correntes
  • Rede 4  Perfil dun río
  • Rede 5  Modelado cárstico (en rocas calizas)
  • Rede 6  Modelado litoral
  • Rede 7 Modelado zonas áridas

Fondeando as nasas

Fondeamos as nasas capitáns, e imos cebalas ben porque o mar traballa frío nesta illa do norte:
  • Agora imos traballar por grupos a interpretación de diferentes paisaxes (fotos). Comentar tipo de clima, tipo de roca característica e proceso xeolóxico predominante no modelado do relevo, e interconectar todos os factores. Posta en común de todas as imaxes.
  • Realizaremos unha Webquest por grupos co fin de realizar unha presentación en formato dixital con fotografías do tipo de modelado elexido e expoñer oralmente aos compañeiros.
  • Visita á  Praia das Catedrais, como exemplo de modelado litoral de costa alta.




O caderno de bitácora

Poñemos rumbo ás cores da aurora boreal capitáns. Que a bitácora  se encha de cor coas redes que temos neste caladoiro:

Actividades:
  • Rede 1 Actividades xeomorfoloxía
  • Rede 2   (con solución) Modelado
  • Rede 3 Actvidades axentes xeolóxicos 1
  • Rede 4 Actividades axentes xeolóxicos 2
  • Rede 5 Actividades modelado 1
  • Rede 6 Actividades modelado 2
  • Atención á diversidade: reforzo ampliación esquemas mudos fichas multilingüe
Avante Toda!

E deixamos a illa xa capitáns, facémolo ollando algúns dos modelados que este caladoiro deixou en nós. E para quen queira saber máis, aínda temos as seguintes redes!
Agardo que a "maré"fose de proveito!!!




luns, 13 de xuño de 2016

Unidade 13: Caladoiro de Namibia

AS MANIFESTACIÓNS DA ENERXÍA INTERNA DA TERRA

A calor apreta e parece que a auga ferve. O caladoiro de Namibia fai que ás veces o mar se confunda co deserto no que morre. Alá no fondo, érguese impoñente o Brukkaros e a paisaxe semella de marte. O Brukkaros é o volcán extinto de Namibia. Imos velo, coñecelo e saber como volcáns, terremotos e maremotos, esculpiron o planeta que habitamos :
  • Os movementos sísmicos
    • Terremotos: tectónicos e volcánicos
    • Maremotos
  • O vulcanismo
  • A formación de cordilleiras
    • Cordilleiras pericontinentais
    • Cordilleiras intercontinentais
  • As deformacións das rochas: pregamentos e fracturas (diaclasas e fallas)
CAPTURAS dos contidos da Unidade. CONCÉNTRATE e terás unha boa pesca!!!!!
Cando remates a xornada comproba que a pesca foi produtiva e fai o Cuestionario de control.

As redes do coñecemento

Ollo que o mar é de lava e as redes veñen quentes. Agora tócanos asimilar e aclarar a información recollida. Participamos todos nesta tarea!!!! Imos alá!














Fondeando as nasas

Fondeamos a nasa, e recollemos para sabermos a forza que pode ter natureza. Nesta -Webquest    sobre pregamentos e fracturas, seguindo o proceso indicado cuxo resultado será unha presentación fotográfica de fallas e pregamentos e un pequeno informe que relacionará as causas destas deformacións coa tectónica de placas.
-Vídeos: terremotos e volcans. Analizamos e comentamos as causas. Falamos tamén das nosas experiencias personais vividas nalgunha situación semellante.





O caderno de bitácora.
Ollo capitáns que sae lava da bitácora. Imos recoller as seguintes redes para facer actividades interactivas:
Rede 1 Actividades interactivas terremotos, volcáns, fallas, diaclasas
Rede 2  Identificación de fallas e de
Rede 3 Identificación de pregamentos
Atención á diversidade: reforzo ampliación esquemas mudos fichas multilingüe

Avante Toda! 
 Coa forza toda dunha erupción rematamos este tema, máis aínda hai redes se queredes aprender un pouquiño máis. Recollemos e ferro a fondo!




domingo, 12 de xuño de 2016

Unidade 12: Banco Pesqueiro Oriental

A TECTÓNICA DE PLACAS

Chegamos a Oriente capitáns, poñemos proa á península arábiga onde a terra navega no mar. Ese é o noso mundo capitáns, un gran barco que navega paseniño polos oceános. Neste caladoiro acadaremos os seguintes contidos:

  • Estrutura e composición da Terra
    • Modelo xeodinámico
    • Modelo xeoquímico
  • A tectónica de placas:
    • Teoría da deriva continental
    • Expansión do fondo oceánico
    • Dinámica do manto
    • As placas litosféricas
    • Límites de placas: diverxentes, converxentes e neutros.
  • O ciclo de Wilson
Imos analizar as nosas CAPTURAS dos contidos da Unidade. CONCÉNTRATE e terás unha boa pesca!!!!!
Cando remates a xornada comproba que a pesca foi produtiva e fai o Cuestionario de control.

As redes do coñecemento

Con estas redes imos ordenar e aclarar os contidos da unidade. Largamos con forza que o vento do deserto fai voar a rede!!!
  • Rede 1  Zonación do interior terrestre
  • Rede 2  Teoria da isostasia  e deriva continental
  • Rede 3  Expansión do fondo oceánico
  • Rede 4  Correntes de convección do manto
  • Rede 5  Tectónica de placas
  • Rede 6  Límites de placas





 
Fondeando as nasas

Fondeamos capitáns, e recollemos na nasa o seguinte vídeo que nos vai ensinar o movemento das placas terrestres. Ollámolo, analizámolo e comentámolo.


  • Largando esta rede realizaremos unha Webquest sobre tectónica de placas cos recursos que se indican, e traballaremos por grupos os contidos do tema. Ao rematar o traballo expoñeremos as ideas principais e as compartiremos cos nosos compañeiros.

O caderno de bitácora

Xa vai tendo xeito a bitácora capitán, moi ben capitáns, agora toca recoller a seguinte para traballar de xeito interactivo. Ferro a fondo capitáns!
Rede
Atención á diversidade: reforzo ampliación esquemas mudos fichas multilingüe.


Avante Toda! 

No fondo todos somos capitáns. Se algo aprendemos neste caladoiro é que a nosa terra ten balances e navega coma nos polos mares do mundo. Recollamos as seguintes redes namentres escoitamos a canción que asubiamos neste mar.
Agardo que a "maré"fose de proveito!!!




sábado, 11 de xuño de 2016

Unidade 11: Caladoiro do Pacífico-Sur

MEDIO NATURAL GALEGO

Poñemos proa ao Pacífico sur capitáns, o Cabo de Hornos deixanos ver a Antártida e Tierra de fuego. Este é un mar que só surcan os mellores mariñeiros do mundo. Mar bravo onde os haxa, mar de perigos e de naufraxios. Máis somos de estirpe mariñeira. O vento zoa e leva xeo suspendido que se crava na pel. Imos a cuberta capitáns. Conectamos co satélite, e falamos coa xente da casa. Falamos da terra para saber máis do noso medio natural.

Recollemos aparellos, porque neste caladoiro falamos da casa, a terra que deixamos atras na nosa singradura pero que levamos sempre con nós. Hoxe volvemos a ela a través do satélite e imos estudar os seguintes contidos:

  • Principais ecosistemas de Galicia: os bosques caducifolios, o bosque mediterráneo, as matogueiras, o ecosistema costeiro, o ecosistema mariño, o ecosistema fluvial.
  • Problemas ambientais en Galicia: os incendios forestais, a contaminación da auga, a contaminación atmosférica, a pérdida de biodiversidade.
  • Espazos naturais protexidos de Galicia: Parques Nacionais, Parques Naturais, Reservas da Biosfera, Rede Natura 2000.



Imos ver as CAPTURAS dos contidos da Unidade sobre o medio galego. Son as nosas, as que vivimos e as que nos fan ser como somos. Por iso, cando a tormenta amaine, e salgamos a cuberta, imos arrear coa forza que nos dá falar un anaquiño cos nosos. Facémolo a través do Cuestionario de control.

As redes do coñecemento.

Lanzamos con forza capitáns, que as redes cheguen a Fisterra para estudar:
  • Rede 1 Os ecosistemas galegos 
  • Rede 2 Relevo, ríos e costas de Galicia 
  • Rede 3 Espazos naturais protexidos de Galicia


Fondeando as nasas
  • E agora xa de vagar,  namentres fondeamos as nasas, imos  falar das paisaxes e a biodiversidade de Galicia! Fagamos un remuíño de ideas, e interpretemos a variedade e singularidade das paisaxes de Galicia! Só co coñecemento seremos conscientes do seu valor, a súa importancia, e aprenderemos a respectalas.


  • Imos traballar en grupos e facer un traballo e exposición, a modo de presentación Power Point sobre:
    • Contaminación do litoral galego
    • Contaminación fluvial e impacto das explotacións hidroeléctricas.
    • Biodiversidade en Galicia e conservación.
  • Visita e roteiro por unha carballeira próxima e observación das especies máis representativas.

Con estes vídeos imos analizar a situación actual da ría de Pontevedra, e imos debater os pros e os contras do permanencia de Ence-Elnosa na ría



-Visita guiada ao Parque Nacional Illas Atlanticas ( Illas Cies) e observación de aves.

Avante Toda! 

O noso medio é natural é ben fermoso capitáns, coñecéndoo e valorándoo seremos quen de poñelo en valor. Recollamos as seguintes redes.


venres, 10 de xuño de 2016

Unidade 10: Caladoiro das Sheychelles

O SER HUMAN E A BIOSFERA


Deixamos no ronsel Madagascar capitáns! E xa ollamos as Sheychelles ao norte. O Índico agarda por nós cun tempo lento, coma o paso das tartarugas xigantes desta illa. Vaiamos a modo e respectemos á
Dipsochelys hololissa,  unhas das especies máis ameazadas mundo. Coma sempre unha das principais causas é a actividade humana.

Non nos resignemos, os capitáns deste barco cremos nun mundo medio ambiente, e por iso neste caladoiro imos estudar os seguintes contidos:
  • A actividade humana e o medio ambiente:
    • Evolución histórica do impacto ambiental.
    • Causas da degradación ambiental.
    • Recursos naturais renovables e non renovables.
  • Os impactos sobre a hidrosfera:
    • Sobreexplotación
    • Contaminación
  • Os impactos sobre a atmosfera
    • O cambio climático, a destrucción da capa de ozono, a chuvia ácida, a contaminación nos núcleos urbáns:o smog reductor e fotoquímico.
  • Os impactos sobre o solo.
    •  Desertización e desertificación.
  • O impacto sobre a biodiversidade
    • Degradación de hábitats
    • Sobreexplotación
  • O problema dos residuos e a súa xestión.
  • O desenvolvemento sostible.
    • Enerxías renovables.
A CAPTURAS dos contidos da Unidade. Lembra que o respecto é fundamental, e capturando coñecemento, gañamos un planeta mellor para todas e todos.
Cando remates a xornada comproba que a pesca foi produtiva e fai o Cuestionario de control.


As redes do coñecemento.

Ollo ás redes Capitáns, o Índico precisa de mozas e mozos concienciados cun mundo limpo e sostíble. Largamos aparello, a rede voa sobre as ondas, e recollemos sostibilidade, enerxía limpa, biodiversidade e respecto. Con este quiñón, non hai quen nos pare!

Rede 1  Recursos naturais e desenvolvemento sostible
Rede 2  Recursos enerxeticos
Rede 3  Impactos ambientais
Rede 4 Biodiversidade
Rede 5 O coidado do medio ambiente


Fondeando as nasas

Capitáns, a babor, ás 8 en punto temos o pico de Mahé, É o punto máis alto da illa principal, e o bosque tropical que o recobre está protexido. E nós protexemos o noso medio capitán :como xestionamos os nosos resíduos? Imos fondear, que cada un de nós debemos levar para as nosas casas o que recollamos nas nasas deste caladoiro.
  • Analizamos agora a problemática dos residuos e a súa xestión.


Agora que xa sabedes algo máis aplicamos o tema á nosa localidade, pensamos en como se xestionan os residuos, e pensamos tamén en cómo xestionamos nós os residuos nas nosas casa. Analizamos a situación e propoñemos solucións . É imprescindible implicarnos no tema, e tamén as nosas familias!!! E recorda que o máis importante é minimizar a producción de residuos! Qué podemos facer nós????
  •  Imos a falar do catástrofe do Prestige. Vós erades moi pequenos, pero falade cos vosos familiares, e vamos a poñer en común as vosas experiencias.


Caderno de Bitacora

Hai bitácoras que deben ser parte de nós mesmos. Páxinas que conforman un xeito de vivir e de habitar este planeta. Recollamos as redes capitáns, e que o salitre do coñecemento impregne de sostibilidade a nosa pel.
Rede 1 Actividades medio ambiente 1
Rede 2 Actividades medio ambiente 2
Rede 3 Actividades biodiversidade
Rede 4 Actividades interactivas medio ambiente
Atención á diversidade: reforzo, ampliación esquemas mudos fichas multilingüe.


Analiza este gráfico: fonte de enerxía máis consumida, vantaxes e inconvenientes. Cómo reducirías o consumo doméstico de enerxía.

Agora imos medir a nosa PEGADA ECOLÓXICA. Analízaa e sinala accións que debes introducir na túa vida para un uso sustentable dos recursos. COMPROMÉTETE, o que fagamos cada un de nós é moi importante!

Avante Toda! 

Este caladoiro capitáns e dos que fan tripulación. O noso planeta precisa de persoas que crean nun mundo sostible e que actúen para el. As redes desta unidade, aportáronnos coñecemento e necesidades  deste planeta. Poñelo en práctica é cousa de todos e cada un de nós. Non perdamos máis tempo, recollemos estas redes e avante toda!






xoves, 9 de xuño de 2016

Unidade 9: Banco Pesqueiro de Angola

OS CAMBIOS NOS ECOSISTEMAS

Chegamos a Angola, terra de mangleirais Capitáns. Así que ollo que aquí a terra ten arume de salitre nun ecosistema de transición que fai que este mar sexa dunha riqueza biolóxica coma poucos. Ollo non enredar as redes nas raiceiras cando subamos os seguintes contidos:
  • A autorregulación do ecosistema:
    • Crecemento das poboacións. A explotación sostible de poboacións naturais.
    • As sucesións ecolóxicas: primarias e secundarias. 
    • As perturbacións no ecosistema. Os incendios forestais.

CAPTURAS dos contidos da Unidade. CONCÉNTRATE e terás unha boa pesca!!!!!
Cando remates a xornada comproba que a pesca foi produtiva e fai o Cuestionario de control.


As redes do coñecemento

Ollo cos piratas capitáns!!É mellor deixar o noso barco pescar nesta unidade cos  botes tradicionais de Angola. Ademais así, poderemos entrar nos mangleirais e, ao compás das mareas, introducírmonos nos seus ecosistemas, nas súa poboacións e nas súas comunidades. Boa pesca!


Recollamos esta rede para que nos queden claros os contidos.
  • Rede 1 Dimámica dos ecosistemas 
Despois de afondar na información que atopaches nestas redes, serías quen de analizar a dinámica dalgún ecosistema que che sexa próximo?Pensa, seguro que sí! E podes facelo ao son dos tambores das mulleres angoleñas..! que xa se escoitan as músicas dende a costa!!!


Fondeando as nasas
  • Cómpre parar o aparello tripulación!!! e parar para ver este vídeo que nos afecta de vez, e que pon en valor algúns dos proxectos que nós levamos adiante  ! Na seguinte liña recolleremos o vídeo e anotaremos todas as ideas principais que  nos transmite: falemos da SOBREEXPLOTACIÓN DOS RECURSOS PESQUEIROS, entendendo cómo afecta ao equilibrio do ecosistema. 
  • Analizamos agora con esta liña o sector da pesca en España, isto interésanos moitísimo!!!!!



Prepararemos unha saída á confraría de mariñeiros da nosa vila, e coñeceremos de primeira man a súa experiencia.
Xa somos todos uns expertos no sector da pesca. Agora , por grupos faremos un traballo no que queden claros os problemas do sector pesqueiro, e propoñades solucións para unha xestión sostible. Colgarémolos no blog e expoñeremos as ideas principais ante os nosos compañeiros.


  • Vistes algunha vez unha ardentía? Uns mariñeiros coma vós, seguro que si!! Máis se alguén aínda non sabe o que son... é unha luminiscencia que o plancton crea no mar, producindo unha sorte de lumes de cores por riba das ondas. Os vellos mariñeiros dicían que viran arder o mar... máis hoxe imos falar dun lume moito máis triste... O lume da terra, ese que cada ano asolaga os nosos montes con consecuencias dramáticas para o o noso país. Presta atención ao seguinte vídeo, e apunta as ideas principais.
 


Debate sobre a realidade dos incendios forestas. Causas, análise das consecuencias, e a súa prevención. Estudaremos tamén a dinámica do ecosistema despois dun incendio. Ao rematar elaboramos unha acta coas conclusións e subímolo ao blog.

O caderno de bitácora

Como vai a pesca capitáns, e as mans, que estas redes tiran máis que o palangre. Como o caderno de bitácora quedou no barco largamos a rede e recollemos as actividades que veñan.

Atención á diversidade: reforzo ampliacion
 
Avante Toda! 

Moi ben capitáns, non hai arte que poida con vós. Revisade ben o que subides a bordo que xa sabedes que os barcos son un transmisor de plagas e despois do aprendido nesta imaxe, xa sabemos como combatelas. Coma sempre aquí quedan unhas redes para traballar na travesía que temos por diante. Esa que nos fará cambiar de mar e que nos levará ao mar índico de madagascar! Capìtáns, proa ás Sheychelles e avante toda!






mércores, 8 de xuño de 2016

Unidade 8: Caladoiro de Mauritania

INTERCAMBIOS DE MATERIA E ENERXÍA

Despois do frío da última maré, imos quecer un pouco os nosos corpos no mar de Mauritania. Costa fermosa onde as haxa nas que a luz azul do mar semella ter continuidade nun outro mar de area.

Arreando palangre para pescar os seguintes contidos:
  • Relacións tróficas no ecosistema
  • Actuacións que desequilibran as redes tróficas.
  • Fluxo de enerxía no ecosistema
    • Eficiencia ecolóxica
    • Pirámides ecolóxicas: de biomasa, de individuos e de enerxía.
  • O ciclo da materia no ecosistema. Ciclos bioxeoquímicos do C, N, P, S.

CAPTURAS dos contidos da Unidade. CONCÉNTRATE e terás unha boa pesca!!!!!
Cando remates a xornada comproba que a pesca foi produtiva e fai o Cuestionario de control.

As redes do coñecemento

Na costa de Mauritania son habituais imaxes como esta ; semella que a oxidación da materia e a perda de enerxía crearan pantasmas de ferruxe  que navegan no inmenso mar...


Nas seguintes redes imos estudar estas transferencias de enerxía, os ciclos bioxeoquímicos  e as redes tróficas; recollendo as seguintes redes aclararemos os nosos contidos. Participade e boa pesca capitáns!
  • Rede 1  Transferencia de enerxía no ecosistema
  • Rede 2  Ciclos bioxeoquimicos
Fondeando as nasas
  • Largando esta rede faras unha webquest para investigar e coñecer o funcionamento dos ecosistemas.
  • Presta agora atención ao seguinte Vídeo que trata un dos problemas de moitos ecosistemas: O problema das plagas. Imos abordar este problema como consecuencia da desestabilización das redes tróficas por parte do home. Trataremos tamén a loita biolóxica de plagas. A partir do vídeo e da seguinte noticia elaboramos un traballo de investigación sobre as pragas forestais en Galicia que expoñemos na aula.

  • Con este vídeo analizaremos como a utilización de agroquímicos afecta ás redes troficas, e falaremos de AGRICULTURA ECOLÓXICA . Diso xa sabemos moito, xa temos a nosa propia horta ecolóxica!

  • Faremos grupos de catro e elaboraremos un listado das principais actividades humanas que interveñen nas diferentes etapas dun ciclo bioxeoquímico dos estudados, e as consecuencias en cada caso.



O caderno de bitácora
  • Menuda bitácora que nos deixa Mauritania!!! Recolleremos estas Liñas interactivas e aplicaremos os coñecementos adquiridos nesta unidade sobre relacións tróficas, fluxo de enerxía e ciclo da materia.
  • Agora traballaremos na libreta de clase:
  • Rede 1 Cuestionario fluxo enerxía
  • Rede 2 Cuestionario ciclos bioxeoquímicos
  • Rede 3 Cuestionario materia e enerxía
  • Rede 4 Cuestionario de consolidación
  • Atención á diversidade: reforzo ampliación esquemas mudos fichas multilingües
Avante Toda!

Deixamos Mauritania co corazón encollido capitáns! Coa certeza de que só dende a sensibilidade e o respecto pola natureza poderemos, tal e como se nos dicía nos obxectivos para o século XXI: aprender a vivir e aprender a convivir. A deste caladoiro foi unha pesca especial, un quiñón que faremos noso e que saberemos aplicar en cada un dos nosos intres, en cada un das nosas relacións co medio natural! Somos unha tripulación de futuro capitáns!!
Recollendo a seguintes redes poderemos traballar os contidos na singradura que nos levará cara a Angola! Proa ao Sur e avante toda!